O autobús que pon o Concello de Moaña para que os veciños que queiran poidan asistir gratuitamente á manifestación do próximo 14 de novembro en Santiago en defensa da sanidade pública aínda ten prazas libres.

O bus, da empresa Benito García, ten 60 capacidade para 60 persoas e polo momento hai rexistradas 53 polo que aínda están a tempo de chamar aos números de teléfono 634761765 ou 986312460 para anotarse. No fixo deberán de facelo de luns a venres en horario de mañá de 10:00 a 13:00 horas e o xoves pola tarde de 18:30 a 20:00 horas.

En canto ao itinerario, partirá ás 10:00 horas do cámping de Tirán, continuará ás 10:05 ata a Praza de Abastos , ás 10:10 na de Suárez (Meira, Parada antes do Recuncho da Xoubiña) e ás 10:20 horas, última parada, recollerá aos pasaxeiros no parque do Almacén, en Domaio, fronte a igrexa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *