O Concello de Moaña non autorizará ningunha fogueira que se realice en zona pública «ao non poder controlar os aforos», informa o edil de Medio Ambiente, Odilo Barreiro, tras habelo decidido hai apenas uns minutos e despois de que esta mañá varios veciños acudisen ao consistorio para interesarse por este tema.

Iso supoñerá que os colectivos sociais que habitualmente organizan fogueiras no serán máis máxica do ano en instalacións e lugares de titularidade pública non poidan facelo outro ano máis. Tampouco permitiránse nas praias.

Pola contra, aquelas persoas que queiran acender lumes en terreos privados poderán facelo previa comunicación ao Concello e deberán cumprir os aforos vixentes nese momento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *