A Comunidade de Montes xa denunciou os feitos perante a Garda Civil
Na mañá do martes 31 de agosto a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Beluso, en Bueu, procedeu á colocación nalgúns dos seus montes de cinco paneis informativos dos usos e aproveitamentos no monte permitidos por lei.
Escasos intres despois da súa colocación membros desta comunidade de montes puideron comprobar que dous deses paneis foran roubados. Na mañá do mércores 1 de setembro outro panel aparece cuberto de pintura. Estes feitos xa foron denunciados perante a Guardia Civil, quen iniciará a investigacións deste acto vandálico.
![](https://morrazonoticias.com/wp-content/uploads/2021/09/20210831_Panel_Udra_Limpo-min-768x1024.jpeg)
Algunhas testemuñas puideron ver a persoas sospeitosas na zona, o que está sendo investigado.
Dende a xunta reitora da Comunidade de Montes de Beluso piden que os autores dos feitos devolvan os paneis subtraídos coa maior celeridade, deixando os mesmos na Casa do Pobo de Beluso antes de que progrese a denuncia xa feita.
Asemade, dende a directiva da Comunidade de Montes chaman ás persoas comuneiras e á propia veciñanza de Beluso a extremar a vixilancia nos montes veciñais para evitar futuros actos delituosos, así coma a pór no seu coñecemento a información que poida esclarecer estes desafortunados feitos que atentan contra a súa propiedade e contra a convivencia.