Presentación da mostra no Museo Manuel Torres.

A artista presentou a súa mostra no Museo Manuel Torres e poderá visitarse até o domingo 13 de outubro

O Museo Manuel Torres acolleu a presentación da nova exposición de Rosa Crespo, a Artista Marinense do ano 2020, unha pintora de enorme calidade artística cuxas obras poderán visitarse no espazo museístico até o 13 de outubro.

Na presentación estiveron presentes, ademais da propia autora, a alcaldesa de Marín, María Ramallo, as concelleiras Beatriz Rodríguez e Itziar Álvarez e o pintor Antón Sobral, entre outras amizades e coñecidos da artista.

Rosa Crespo é natura de Sao Paulo, cidade na que naceu no 1955, aínda que despois emigrou a Marín, onde pasou parte da súa infancia e xuventude, interesándose a nivel artístico pola temática mariñeira, moi presente na súa obra. Matriculouse na Escola de Restauración de Bens Culturais de Galicia, onde tivo como profesores a Carmen Hermo e a Jose Antonio Quinteiro, entre outros.

Xunto coa temática mariñeira, a camelia é un dos motivos principais das súas creacións, dada a enorme afección que ten Rosa Crespo a esta flor, que tamén cultiva na súa casa, con máis de 500 variedades no seu xardín.

Nestes momentos, a pintora reside en Valga e a súa técnica basease no debuxo clásico, con estilo de pintura realista, colorista e alegre. Entre outros espazos, expuxo no Palacete dos Mendoza, en Pontevedra; no Museo Torres, na Casa Museo de Monçao ou na Sala de Exposicións de Sargadelos de Boiro.

A alcaldesa, María Ramallo, loou a “enorme calidade pictórica” da artista e anima á veciñanza a vir visitar esta exposición, unha actividade de ocio segura nestes momentos xa que o Museo conta con todo o protocolo sanitario activo, para garantir un consumo cultural sen risco de contaxios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *