Tras os últimos rumores que indicaban que se detectaron 21 positivos nos campamentos de verán Enredos de Verán de Cangas, desde a concellería de Voluntariado que dirixe as aulas aclaran que polo momento só teñen constancia dun positivo, un neno.
Tras coñecer o contaxio do menor, indican, púxose en marcha o protocolo sanitario indicado para estes casos e púxose en corentena preventiva aos dous grupos burbulla e aos seus monitores, cuestión que tamén se lle notificou ás autoridades sanitarias como establece a normativa.
Aseguran dende o Concello que a estas horas «non se ten coñecemento de ningún outro caso».
«Indicar que estos obradoiros realizaban cribados periódicos desde o seu comezo, o último foi realizado o pasado día 13 de xullo tal e como establece o protocolo sanitario e dos cales todos deron negativos», explican desde la concellería.
Malestar entre os pais
Pais dos nen@s puséronse en contacto con Morrazo Noticias para mostrar o seu malestar pola situación e aseguran que durante o campamento non se fixeron PCRs aos menores e que tampouco déuselles información de como está a situación neste momento. Tamén dín que dende el Sergas tampouco se lles chamou unha vez detectado o positivo nos campamentos para facerlles a proba.
Preguntada por esta cuestión, a Alcaldesa, Victoria Portas, aclara que hoxe mesmo falou persoalmente co Xerente do Centro de Saúde de Cangas, Benigno Villoch, e co Xerente da área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, «pola urxencia destas probas». «Estamos pendentes dos rastreadores da realización das PCR´s», puntualizou.