Os alumnos coa alcaldesa no salón de plenos do Concello.

A undécima e duodécima brigada achegáronse ata o Concello, na tradicional benvida que a alcaldesa lle dá aos novos alumnos que pasarán próximos anos na vila, converténdose nos futuros oficiais da Armada

A alcaldesa, María Ramallo, recibiu esta mañá á nova promoción de novos alumnos e alumnas que inicia este setembro a súa traxectoria académica, para converterse nos futuros oficiais e enxeñeiros da Armada. En total, 119 rapaces e rapazas que xa fixeron, tal e como destacou a rexedora, “un gran esforzo para chegar até aquí, xa que tivestes que superar unha nota de corte de 12”. “Estes días”, dirixiuse Ramallo aos estudantes, “son moi intensos, de moitos cambios e de poder poñer ese primeiro pé nese soño profesional que tendes”. A alcaldesa quixo trasladarlles “todo o noso acollemento, porque agora pasaredes a formar parte do noso día a día como vila”.

Despois de case 80 anos de arraigo de Marín coa Escola Naval, “somos conscientes dos lazos que se crean entre esta institución y nuestro municipio” e lle recordou aos novos guardiamarinas que cando rematen, “volveredes por aquí a despedirvos e notaredes todo o que crecistes e vivistes nestes anos en Marín”.

Ramallo tamén quixo ter unhas palabras de recoñecemento “a todas as mulleres que formades parte desta promoción, que é a máis numerosa no que respecta á presenza feminina, xa que sodes un absoluto referente para outras mulleres que se queiran adicar a esta profesión”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *