A campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia comeza mañá, mércores 1 de xullo, e estenderase ata o 30 de setembro. Isto supón a suspensión das queimas, polo que quedou interrompida a tramitación das comunicacións para as queimas agrícolas, así como a dos permisos para as queimas forestais.

De cara a esta tempada de alto risco, a Consellería do Medio Rural lembra que existe un
teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que
se teña sospeita ou coñecemento: o 900 815 085. A Xunta pide a colaboración da sociedade
denunciando este tipo de accións, a través do teléfono ou directamente ante as Forzas e
Corpos de Seguridade do Estado.

A maiores, o Goberno galego lembra que tamén está a disposición da cidadanía o servizo
gratuíto 085, ao que se debe chamar no caso de detectar un incendio forestal. Failles tamén
unha chamada a todas as persoas que se acheguen ao monte nestas datas para que
extremen as precaucións e eviten calquera práctica que implique risco de lume.

Por mor do inicio do período de alto risco, a partir de mañá refórzase o dispositivo
establecido no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia,
Pladiga 2020. Este ano, como nas últimas campañas, o operativo de verán estará integrado
por máis de 7.000 efectivos, entre persoal da Xunta, dos concellos, do Ministerio, do Exército
e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *