Todos os días contra a Violencia de Xénero. Así se inicia a axenda preparada polo Concello de Marín, a través do Centro de Información á Muller, para o 25 de novembro, un día no que reivindicar o dereito a vivir sen medo de todas as mulleres e que na vila terá diversas actividades destacadas:

  • 1.- Formación e sensibilización en igualdade
  • Desde o CIM poñen a disposición da cidadanía unha actividade de formación e prevención da violencia de xénero organizada polo Concello de Marín, con temas como a igualdade, o sexo e o xénero, a división dos espazos ou as novas ,masculinidades. Pode consultarse a través da plataforma online do www.cimdemarin.es.


2.- Actividades para os centros educativos do municipio:

  • A maleta viaxeira, unha iniciativa da Subdelegación do Goberno con material que axudará á reflexión, á sensibilización e á concienciación sobre a violencia de xénero, a igualdade, os estereotipos e os roles de xénero.
  • Charla informativa sobre agresións sexuais e violencia, unha acción cofinanciada pola Secretaría Xeral de Igualdade e Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero, tratando contidos sobre a cultura da violación, o consentimento sexual ou a violencia sexual dixital, entre outros temas, dando ferramentas ao alumnado da ESO, ciclos e Bacharelato para identificar estas conductas.
  • Pílulas audiovisuais contra a violencia de xénero: material cedido pola Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade, no que se tratan cinco experiencias cotiás a modo de curtametraxes para a tomar de conciencia sobre relacións de parella abusivas adolescentes. 3.- Material de sensibilización e concienciación dispoñible para toda a cidadanía:
  • Cadernos de anotación en conmemoración do 25N, con recursos necesarios, teléfonos de interese e contactos relacionados coa loita contra a violencia machista a nivel local e estatal
  • Adhesivos de efecto espello para ser colocados en escaparates, ventás e portas acristalAdas, nos que se recolle información de recursos necesarios para loitar contra a violencia de xénero e apps de utilidade nesta materia.
    4.- Exposición 15 anos de historia do Consello Municipal da Muller
  • Nesta mostra, que se poderá ver no vestíbulo do Concello do 22 ao 28 de novembro, repasarase a traxectoria do organismo municipal, que traballa en prol da igualdade e que realizar un labor importante, co obxectivo futuro de abrirse máis á cidadanía.
    5.- Premios Lazo Violeta e acto institucional
  • O acto institucional será o 25N ás 12.30 horas no Salón de Plenos, coa lectura da declaración institucional, que se aprobará mañá no Pleno da Corporación e a entrega do premio ao colectivo de mulleres maiores. A homenaxe apoiarase na Residencia da Terceira Idade de Marín.
    6.- Vídeo “Mulleres invisibles, realidades visibles”
  • O mesmo día do acto institucional proxectarase a testemuña real da violencia exercida sobre as mulleres maiores, realizada en formato audiovisual polo Concello. Servirá para dar voz á realidade que sofren moitas mulleres maiores, en relacións de parella abusivas cronificadas no
    tempo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *