Foto: Facebook Plataforma Eólicos no Morrazo Non.

Aínda que no pleno do pasado 25 de novembro o goberno local recoñecía que no Concello aínda non se presentou ningunha proposta de solicitude relacionada coa idea de instalar un parque eólico nos montes de Moaña, na charla de onte prganizada pola plataforma Eólicos no Morrazo Non, a rexedora, Leticia Santos, soltaba a bomba. O rexistro do Concello xa conta coa solicitude da empresa Aratel Enerxías Renovables do informe de compatibilidade do uso do chan para instalar aeroxeradores eólicos nos montes de Domaio (Pedras Negras e Chan dá Arquiña) e tamén nos de Moaña (Agudelo e Formigoso).

A intención de Aratel, creada en marzo de este ano, é «levar a cabo a promoción, desenvolvementos e construción» dous parques eólicos denominados «Pé Monte Xaxán» e «Pe Monte San Lourenzo».

O Concello, indica a alcaldesa, respostará aos dous escritos «indicando que se farán os informes técnicos» pero que «deben coñecer que hai dous acordos plenarios rexeitando a construción de parques eólicos no noso término». Ademáis, Santos indica que «incluirán esta nova situación na petición de información á Consellería de Industria».

Este movemento, segundo indican dende a plataforma, confirma os peores prognósticos sobre o/os proxectos de parque eólico na península do Morrazo. «O que ao comezo parecían uns cantos aeroxeradores entre Ardán, Cela  e Ermelo estase a converter nunha verdadeira invasión, que abarca a totalidade da península do Morrazo», manifestan. Coas novas localizacións identificadas, O Monte Gagán, a Pedras Negras ou o Monte Formigoso e a Paralaia súmanse á listaxe de espazos ameazados.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *