O consello veciñal de Domaio celebrado en decembro de 2021.

O Concello de Moaña avanza na elaboración dos orzamentos 2022 escoitando as propostas e achegas dos colectivos e entidades da vila. Esta semana os colectivos da parroquia de Domaio tomaron a palabra para dar traslado á Concelleira de Participación das súas peticións.

Nesta ocasións, priorizaron o arranxo do camiño que vai dende a PO-551 ao Centro de saúde de Domaio, o ensanche do segundo e terceiro tramo da estrada Cerradiña – San Lourenzo, a mellora do Camiño da Laxe e do Camiño Entre As Eiras, a mellora da recollida de pluviais no Camiño do Fondón, a posta en valor do lavadeiro de Fonte da Mó e Regueiro o saneamento da zona da Paradela e ampliación rede de alumeado no paseo marítimo.

Dende o equipo de goberno destacan que os orzamentos participativos contribúen a trasladar ás necesidades da veciñanza á vida política municipal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *