Estado no que quedou o parque da Paradela.

O Concello de Moaña termina, conforme ao previsto, o plan de reforma e reparación dos parques infantís do municipio. Esta semana abriu o que quedaba pendente, o situado na Paradela.

Nesta área infantil, e segundo explica a concelleira de Obras e Servizos, a socialista Marta Freire, instalouse un equipo combinado, mesas de xogo e tamén un columpio adaptado. Ademais realizouse a posta a punto dos demais elementos instalados, cambiáronse as madeiras danadas e deuse unha mano pintura a aqueles elementos que o requirían.

En canto a obras, realizouse unha rampla de acceso desde o entrada norte do parque para mellorar a accesibilidade.

A mellora deste parque é unha obra priorizada e solicitada pola Asociación de Veciños Cruceiro do Río da Paradela e a eles queren agradecer desde o Concello «a súa estreita colaboración e as súas propostas para mellorar o seu barrio».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *