Bombeiros e servizo de emerxencias limpan a vía para evitar cheiros e incidentes maiores.

Un camión que transportaba os lodos da depuradora de augas residuais municipal situada no Latón oa vertedoiro autorizado, verteu desde a saída da EDAR ata a Borna residuos dos que transportaba. Ocurreu en torno as 14:30 horas.

Alertada a Policía Local, o Concello activou o protocolo de alertas e de avisos á empresa responsable do servizo e aos servizos de emerxencia para poder proceder á súa limpeza. Nestos momentos os bombeiros do Morrazo atopanse limpando a zona e o xefe de Aqualia é o encargado de coordinar o operativo. Ademáis, esta tarde ou goberno local informará oficialmente a Augas de Galicia do ocorrido ante calquera posible vertido que poida detectarse como consecuencia deste incidente.

Segundo parece, a comporta do camión debeu de quedar mal pechada e iso provocou que se saíse lodo desde a propia depuradora e durante todo o percorrido que chegou a facer pola subida á Guía e pola PO-551 ata A Borna. Tras informar os veciños á Policía Local polo mal cheiro que desprendían os residuos, procedeuse a parar o camión e a interrogar ao condutor.

O goberno local roga «precaución aos vehículos que transiten na Baixada á Guía e na PO-551 desde o cruce da Guía ata a Borna, dirección Domaio». A alcaldesa, Leticia Santos, que se desprazou ata a zona para comprobar o ocorrido, pide ademais desculpas aos veciños polas molestias ocasionadas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *