O primeiro do día 9 coa pala de Aqualia tapando con area o verquido.

O Bng de Cangas pregunta ao goberno local polos verquidos na praia de Santa Marta e a solución que ten prevista para atallar «o mal funcionamento da estación de bombeo». O fai a través dun rogo no que tamén solicita saber se se está a facer un seguemento estricto do seu funcionamento e da salubridade no areal.

Nesta semana os veciños e veciñas de Santa Marta levan xa sufrindo dous rebosamentos da estación de bombeo, derivando en verquidos de augas fecais na praia.

A primeira vertedura foi o 9 de xullo, á cal acudiu a empresa e procedeu a tapar con unha pala a mesma. A seguinte vertedura foi na noite do 15 de xullo, a empresa acudiu, pero a vertedura chegou igualmente ao mar. As veciñas e veciños alegan que chamaron á Policía Local pero non conseguiron contactar, derivando a chamada ao 112.

«É preocupante que en unha semana se produzan dous verquidos da estación
de bombeo coas consecuencias ambientais e sanitarias que isto conleva», din os nacionalistas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *