Un home de 43 anos circulaba o pasado sábado pola tarde co seu coche pola Costa, á altura do numero 115, na parroquia de Domaio, en Moaña, cando lle sorprendeu un control da Policía Local no que o primeiro test de mostraxe de alcoholemia lanzou unha taxa de alcol de 1,29. Cando llo repetiron minutos despois deu 1,12.
O home está acusado dun delito contra a seguridade viaria.