O artista marinense José Antonio Pedrosa.

A exposición do Artista Marinense do Ano, que xuntará 40 obras da colección persoal do pintor, inaugurarase o Día Internacional dos Museos ás 20.00h

O luns 18 de maio, ás 20.00h, Día Internacional dos Museos, será o marco perfecto para inaugurar a mostra de arte pictórica de José Antonio Pedrosa, o noso Artista Marinense do Ano 2026, continuando unha longa e preciosa tradición coa que se quere impulsar desde a vila a aqueles que levan traballando nunha traxectoria artística digna de mención e de recoñecemento e que fai que Marín sexa un pobo de artistas.

Será unha mostra “excepcional e que encantará á xente de Marín”, en palabras do propio comisario, Antón Sobral, e que poderá visitarse ata pasado o 10 de xuño. Unha oportunidade de ver 40 cadros seleccionados polo propio artista e que forman parte da súa colección particular.

O sacerdote, que foi párroco en San Xulián durante moitos anos, estreouse moitísimo antes como artista, ingresando en 1958 na Academia de Belas Artes de San Fernando, en Madrid, onde se formou como o pintor que leva sendo ao longo de toda a súa vida. Desde entón, a súa vida foi levándoo coa súa arte ata sitios de todo o mundo.

Galicia nunha pintura espallada por medio mundo Sevilla, A Coruña, Brasil, Holanda, Francia, Canadá, Estados Unidos, Marín, Vigo, Barcelona, Alicante, Pontevedra, Córdoba, Valencia, Ourense, A Coruña, Toledo, Talavera de la Reina, Vitoria, Bilbao, San Sebastián e París conforman a cartografía artística dun pintor que retrata Galicia e as súas personaxes cun estilo único e persoal.

Unha pintura ancestralmente galega, na que predomina o figurativismo elemental, cun marcado carácter costumbrista e luminoso, sen caer no artificio e cun gran dominio das texturas e da expresividade. Sempre coa técnica do óleo traballado a espátula que tanto caracteriza a súa obra.

A alcaldesa declarou que é “unha honra facerlle esta homenaxe a un home moi querido na nosa vila e que leva demostrando que tras os seus pinceles existe unha Galicia inmortal, un apego á nosa terra e unha técnica envexable”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *