As escaleiras de acceso á praia cerradas cun valo.

O Concello de Cangas decidiu pechar o acceso polas escaleiras á praia de Castiñeiras polo mal estado no que se atopan as escalinatas polo paso do tempo e o desgaste provocado polo mar sobre o terreo.

A alcaldesa, Vitoria Portas, xa deu aviso á xefatura provincial de Costas, a través dunha conversación co seu responsable, e envioulle un informe elaborado polo propio Concello onde se detalla o estado desta escaleira para chegar a un acordo e resolver o problema antes de que poida ocorrer algún incidente grave.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *