Izado Bandeira Azul de Rodeira no 2021.

Nun acto breve pola choiva, a concelleira de Turismo, Aurora Prieto, acompañada polas edís de Obras, Ingrid Loredana, e de Mar, Pilar Nogueira, izaron a Bandeira Azul da praia de Rodeira.

Nun principio, izouse simbólicamente esta de Rodeira, e esta fin de semana levantaranse as cinco restantes: Areabrava, Areamilla, Liméns, Menduiña e Nerga. No caso da de Melide, o Concello decidiu renunciar a ela pola falta de seguridade do vial que dá acceso ao areal e que é competencia da Comunidade de Montes. O seu estado supoñería un risco ante calquera incidente que requirise unha evacuación.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *