O Concello de Moaña izou este mediodía a bandeira vermella na praia de O Con, a única con bandeira azul do municipio, e a da Sobreira, en Domaio, ante os malos resultados das análises realizadas por Augas de Galicia a pasada fin de semana, tras as fortes choivas do venres, que provocaron unha vertedura ao mar.
Á primeira hora desta tarde colocaranse carteis en ambos os areais informando de que queda prohibido o baño ata que as novas analíticas realizadas polos técnicos autonómicos así o indiquen.
O resultado negativo correspondente á praia de O Con chegou a media mañá de hoxe pero o da Sobreira foi recibido polo Concello pasadas xa as dúas da tarde. No resto de areanais sí está permitido o baño.
Estes peches prodúcense en plena alerta de calor con temperaturas que superan os 30 graos na comarca. Os usuarios si poderán estar na area pero non refrescarse na auga.