Percorrido do Desafío.

A Policía Local de Moaña informa os condutores de que o domingo terá lugar o Desafío Delio Fernández de ciclismo e, por este motivo, produciranse cortes puntuais de tráfico ao longo de todo o municipio para que poida pasar o pelotón con seguridade.

O percorrido comezará en Domaio para subir á zona alta, pasar por Meira, Vilaboa e a Cruz dá Maceira. En ningún momento cruzarán o centro urbano.

Festas Samertolameu

Ademais, con motivo das festas de Samertolameu, a Policía Local advirte de que levará a cabo unha campaña de control de alcol e drogas similar á que realizaron nos últimos días en colaboración coa DXT e na que dous condutores deron positivo en substancias psicotrópicas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *