Infografía do entorno do mercado de Seixo.

O proxecto de humanización do entorno do Mercado de Seixo avanza un pouco máis na súa tramitación. No día de onte, o Salón de Plenos do Concello acolleu o pago das expropiacións para a ocupación dos terreos, que permitirán mellorar toda esta zona central da parroquia e gañar novos espazos de esparcemento para a veciñanza

En concreto, son cinco as parcelas afectadas, ocupando unha superficie entre todas de 326 metros cadrados. Para este procedemento de expropiación investiranse 21.968 euros. En ambos casos, notificouse previamente aos propietarios das parcelas que se levarían a cabo estes expedientes, que foron despois aprobados de xeito oficial no Pleno da Corporación.

A contorna do Mercado de Seixo converterase nun centro neurálxico, cunha compoñente urbana que mellorará todo o espazo. Segundo explicou o concelleiro de Rural, Pablo Novas, “o obxectivo é crear unha rúa de plataforma única, cun uso prioritario dos peóns e unha praza a nivel que poida permitir usos múltiples de ocio e de lecer”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *