A artista Aurora Lorda e a concelleira Itziar Álvarez no Museo.

É o debut da artista Aurora Lorda, que quixo reflectir seis sentimentos propios do ser humano a través da súa mirada. A exposición foi inaugurada hoxe pola creadora e a concelleira Itziar Álvarez e poderá visitarse ata o 28 de xullo

Seis sentimentos a través da mirada fotográfica de Aurora Lorda. Ese é o motivo principal de “A Través del Alma”, a nova exposición que se poderá visitar no Museo Manuel Torres e que foi inaugurada esta mañá pola artista e a concelleira Itziar Álvarez. Aurora Lorda (Lourizán, 2001), estudou Iluminación, captación e tratamento da imaxe, na Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV).

Este libro fotográfico, agora convertido en mostra, nace do proxecto final de estudos de Lorda, que quixo plasmar a través dunha modelo, Sandra Fernández, a alegría, a tristeza, a vergoña, a ira, o amor e o medo. Seis sentimentos propios do ser humano, que se cristalizan na expresión e o posado da modelo, pero tamén nas localizacións, a escolla do vestiario, o maquillaxe e a iluminación de cada fotografía.

Pola súa banda, a concelleira quixo destacar a importancia de abrir o Museo “ás novas xeracións de creadores e creadoras, que están iniciando a súa traxectoria e que traen novas propostas interesantísimas para o público”.

A exposición poderá visitarse ata o no horario habitual do Museo, de martes a domingo, de 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *