A embarcación Playa de Galicia.

Nas últimas horas faleceu un tripulante, do que aínda se descoñece a identidade, procedente do buque «Playa de Galicia», propiedade do armador mariñeiro Pesmar (Pesquerías Marinenses).

Segundo fontes próximas á compañía, unha vez producida a morte do tripulante, o barco dirixiuse onte ao porto de Montevideo onde atracou para realizar a tramitación oportuna nestes casos.

Trátase da segunda morte en alta mar por Covid en barcos na comarca do Morrazo. A primeira, a primavera pasada cando morreu un veciño de Cangas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *