O Colectivo de Persoas Xubiladas e Pensionistas da CIG desenveu esta mañá en Moaña unha concentración en defensa do sistema público de pensións, por unhas prestacións «dignas e garantidas» e para reclamar «un Servizo Público Galego de Atención ás Persoas».
O Colectivo rexeita que se manteña a reforma das pensións do 2011 porque supón “unha caída das pensións do 25%, xa que ampliou a idade de xubilación aos 67 anos e o aumento do período de cálculo aos 25 anos”.
Na concentración estivo presente a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos, a concelleira de Ensino e Deportes, Dolores Chapela, e o edil de Mocidade, Xosé Daniel Costas.