Asamblea veciñal celebrada en Ardán.

Nos próximos días terá lugar unha xuntanza para a constitución cuxo objetivo será recadar información e estar vixiantes ante calquera movemento que a empresa promotora ou administracións fagan ao respecto.

Unhas 75 persoas participaron na asemblea veciñal aberta que tivo lugar na Casa da Cultura de Ardán, en Marín, convocada «ante a falta de información sobre a posible instalación dun parque eólico no Morrazo», explican. Veciños de todas  as parroquias afectadas, organizacións ecoloxistas, comunidades de montes, plataformas en contra de parques eólicos participaron nesta asemblea co obxectivo de informarse sobre este asunto. A reunión tambén contou coa participación de diversos colectivos, tanto do Morrazo como do resto de Galicia, afectados pola problemática dos parques eólicos.

En concerto, interviron á Organización Galega de Comunidades de Montes. O seu presidente expuxo a postura contraria desta organización respecto á política eólica en Galicia e o seu rexeitamento ao plan eólico vixente. Tamén se contou coa participación da Plataforma Non ao Parque Eólico do Castrove. A súa representante, Merce, explicou a problemática que se atoparon estes veciños o pasado verán, cando descubriron a presentación dun proxecto que afectaba aos seus montes así como a núcleos de poboación no Concello de Poio, como a Escusa. Comentou cómo tiveron que organizarse rapidamente para poder presentar a tempo as alegacións, para as que só contaron con 15 días, e animou aos participantes a estar informados e organizados para evitar os abusos cos que normalmente se plantexan este tipo de proxectos.

O local encheuse.

Tamén contamos coa presenza da Asociación Alarma na Terra de Montes. Rocío, a súa representante, centrou a súa intervención en contar cómo é o procedemento de presentación dun proxecto, os prazos e fases de alegacións que poden seguir os veciños. Fixo fincapé que, aínda que con moito esforzo, é posible a paralización dun proxecto eólico. Pero sobre todo, como habitante dunha zona que xa leva moitos anos afectada polos parques eólicos contou como é vivir baixo a afección dun aeorxenerador.

Finalmente, contamos coa participación do presidente de ADEGA, que expuxo os perigos medioambientais que supón  un proxecto deste tipo. Puxo de relevo cómo a proliferación de parques eólicos se está a facer de xeito desordenado, sen un estudo do seu impacto ambiental no seu conxunto. Deste xeito, coa fragmentación na construción de parques, o resultado é unha proliferación de muíños desordenada e caótica que só persegue o beneficio empresarial e non unha explotación racional dos recursos enerxéticos en prol da cidadanía.

Como conclusión ao debate que se suscitou posteriormente, decidiuse artellar unha plataforma ampla, que abranga a todas as persoas e organizacións que dun xeito ou doutro se poidan ver afectadas. 

Ademais de veciños de Ardán, de Cela, Bueu, Ermelo, Santomé e outras parroquias que apoiaron esta iniciativa a nivel particular mostráronse favorables desta iniciativa organizacións como a  Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, a Asociación Ecoloxista Anduxía de Bueu, membros de varias organizacións veciñais así como comuneiros e membros de directivas doutras Comunidades de Montes do Morrazo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *