Os directivos da AAVV NovaMeira coa Alcaldesa onte no despacho.

O Concello de Moaña ten a intención de enviar a Telefónica-Movistar unha solicitude colectiva con todas as zonas do municipio ás que, de momento, non chega a fibra. O obxectivo é instar á empresa para dotalas deste servizo e acabar así coas zonas de sombra que impiden a moitos veciños poder contar con servizo da internet de calidade.

A iniciativa partiu da Asociación de Veciños NovaMeira que onte entregou á alcaldesa, Leticia Santos, a relación de lugares da parroquia de Meira que se atopan nesta situación. Son a rúa do Lestón, do Pico, o barrio de Reibón e de O Pombal, Couso, Isamil na zona situada por baixo da PO-551 e o Camiño da Seca.

Santos convida o resto de asociacións veciñais do municipio a que, se así o desexan, poidan facer o mesmo para poder trasladar o máis completo posible a listaxe á empresa de telecomunicacións. Os afect@ s por esta carencia tamén poden trasladalo directamente ao Concello.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *