O PP de Moaña pide al gobierno local que habilite nos orzamentos un aumento mínimo na aportación mensual para a Protectora de 400 euros, pasando dos actuais 1.600 euros a 2.000 euros ao mes. Ou, si é posible, mellorar esta contía. Isto supón no mínimo solicitado 4.800 euros de aportación anual a maiores. Algo, entenden os populares, «algo perfectamente asumible».
Tamén demandan que o Concello se encarge de xestionar o Proxecto Técnico para que a Protectora poida dar os pasos legalmente necesarios para poñer en marcha a Clínica para vacunación, esterelización e coidados básicos, o que suporía un aforro importante, melloraría o benestar dos animáis e a propia loxística da Asociación.
Por último, pide ós propietarios, ou si é necesario que sexa o Concello, a limpeza e desbroce nas instalacións de Broullón, no perímetro de seguridade que indique a lexislación vixente, xa que dada a súa ubicación en pleno monte, no caso de incendio as consecuencias serían nefastas.
Dende o PP destacan que «a Protectora desenvolve unha gran labor pedagóxica e de sensibilización social sobre o grave problema do abandono animal, dando charlas en centros educativos, asociacións e centros de día» e que «promove tamén eventos e feiras para fomentar e atopar adopcións axeitadas e familias responsables».
«A atención que presta a Protectora non é unha simple acción na rúa, vai moito máis alá xa que falamos dunha labor totalmente proactiva, cunha resposta case inmediata e unha vocación de servizo que demostra día a día que as persoas da Protectora fan un traballo que en si mesmo e polo seu alcance é impagable, xa que a súa única premisa é o benestar dos animáis por enriba de calquera outra consideración», explican.