Estado no Camiño Escolar Seguro de Tirán.

O pasado verán o PP de Moaña denunció o «calamitoso estado do mal chamado Camiño Escolar Seguro do Colexio de Tirán» e solicitou ao goberno do BNG «o seu arranxo para que estivera en óptimas condicións de cara o inicio do curso escolar». Así o lembran dende o principal partido da oposición. «Separadores en mal estado, falta de moitos deles e beirarúas cada vez máis deterioradas, con losetas levantadas e tramos sen desbrozar nin limpar», describen, lamentando a resposta da responsable de Mobilidade, Dolores Chapela, que dixo que «farían o posible para arranxar esta situación antes do inicio do curso 2023-2024».

«No mes de outubro e dado que o Concello non arranxou nada, a situación lonxe de mellorar empeorou, con máis separadores desaparecidos e os que quedan en peor estado, aumentado deste xeito a perigosidade do tramo ‘seguro’”’. Novamente a resposta da Concelleira de Mobilidade e Seguridade foi que estaban traballando no tema», desvelan para poñer de manifesto que «a día de hoxe, a mediados de marzo, e a pouco máis de tres meses para que remate o curso, o tramo está en peores condicións». Nesta ocasión, a terceira, a responsta foi que «non tiñan recursos recoñecendo que este tema xa lle foi reclamado tamén por mais e nais.

«A realidade é que non dixo cando se vai reparar, demostrando un total desprecio pola seguridade, porque isto é como non ter nada, ademáis dunha falta de planificación lamentable», critican porque «segue coa desculpa dos recursos pero que os están buscando, isto demostra tamén que o goberno do BNG de Moaña so ten cartos para o que quere ou lle convén, e non quere ou é incapaz de entender o significado da palabra mantemento e saber cales son as prioridades , e desde logo a seguridade de nenos e nenas ten que ser absoluta».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *