Reunión telemática cos clubes deportivos.

Os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña mantiveron unha reunión de traballo co Peixe
Galego, o Club Deportivo La Peña, o Ancoradouro, a Escola Deportiva Marín, O Fisgón, o
Don+ de Judo, o Team Thunder e os clubs de rítmica Agarimo, In Mare e Vila de Marín

Os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, da área de Deportes do Concello, mantiveron esta semana unha reunión por vía telemática con representantes dos diversos clubs deportivos da vila que utilizan os pavillóns pechados para os seus adestramentos.

Concretamente, estiveron representados o Peixe Galego, os clubs de fútbol sala La Peña, Ancoradoiro, ED Marín e o Fisgón; a asociación deportiva Don+ de judo, o de boxeo Team Thunder e os de rítmica Agarimo, In Mare e Vila de Marín. Durante o encontro, o concelleiro de Deportes expuxo ás formacións deportivas como se veñen xestionando as únicas instalacións que están a ser utilizadas, que son as pistas de atletismo e as pistas de tenis, con franxas horarias e limitacións de persoas en pista, sendo ademais para federados.

O resto dos pavillóns, polo menos polo momento, “consideramos que deben manterse pechados no mes de xullo. Xa é un mes no que normalmente pechábamos estas
instalacións, porque as competicións rematan en xuño e podíamos así dedicar este mes a mantemento”, explica Traba.

De todos os xeitos, “o que buscabamos na reunión era precisamente coñecer as demandas dos clubs, sobre todo a nivel competición, para poder axustar con eles as posibilidades de reapertura destas instalacións, así como os protocolos das mesmas”.

Traba anunciou tamén que se manterá proximamente outro encontro telemático cos equipos de deportes ao aire libre, como os clubs de fútbol, para tamén coñecer as súas demandas e poder encauzar a xestión da nova normalidade.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *