É unha iniciativa pioneira da concelleira de Benestar Social de Moaña, María Sanluis, para promover o avellentamento actovo. Trátase da primeira foliada para maiores de 55 anos que se desenvolverá nas sedes dos tres clubs xubilados da localidade: Nosa Señora do Carme de Moaña, Santa Eulalia de Meira e San Pedro de Domaio. Pero, moi importante, trátase dunha actividade organizada polo Concello, polo que está aberta a toda a veciñanza da localidade sen necesidade de ser asociado. «Queremos que os nosos maiores canten e bailen como ferramentas para traballar a memoria dunha forma máis lúdica», explicou a edil.
Esta ‘Foliada do Nadal’ para maiores levará a cabo coa agrupación Peix D´Hos e terá lugar tres días diferentes para permitir a convivencia dos tres clubs. O primeiro será o venres 15 a partir das 19:00 horas no multiusos de Domaio. O venres seguinte, á mesma hora, no club de xubilados de Moaña e o último o 29 de decembro no multiusos de Meira.
O acceso e a participación son gratuitos e non se necesita inscrición previa.