A concelleira María Sanluís e o edil Kevin González nun encontro co sector educativo.

O programa chámase «Moaña Reforza» e as clases impartiranse no novo Concello Vello en horario de tarde

O concello de Moaña pon en marcha un novo programa para dar resposta á necesidade de reforzar nos estudos ás crianzas de familias usuarias do Departamento de Benestar Social Municipal coa posta en marcha dun programa de actividades de reforzo dos seus estudos.

Moaña Reforza é un programa que  impartirase no novo Concello Vello e que consistirá en impartir actividades de reforzo educativo de martes a venres pola tarde. As actividades de reforzo durarán tres horas que estarán repartidas en 1,5 horas con cada grupo de dez crianzas.”

Os luns pola mañá a persoa encargada das actividades de reforzo realizará os traballos de coordinación co persoal técnico de Servizos Sociais nas instalacións do Departamento de Benestar Social Municipal e cos Departamentos de Orientación dos centros educativos.

“O programa está destinado a crianzas de familias vulnerables empadroadas no Concello de Moaña, que estean cursando primeiro ou segundo da ESO preferiblemente. Si non se completa o total de vinte crianzas con menores deses dous cursos, poderán incluírse de terceiro ou cuarto de secundaria.”

 “Daremos preferencia aos primeiros cursos da ESO para fortalecer ao alumnado participante, dotándoo das ferramentas para poder afrontar mellor os cursos superiores e conseguir o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.”

“Esta decisión acordouse despois de falar co persoal dos centros educativos, tendo en conta que con esta última reforma educativa, a LOMLOE, o alumnado so pode repetir un único curso durante a Educación Secundaria Obrigatoria, si non están ben preparados en primeiro e segundo, dificilmente rematarán con éxito a ESO.”

Hoxe na reunión estaba a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Accesibilidade, María Sanluis, a concelleira de Educación, Dolores Chapela, O concelleiro de Infancia e Mocidade, Kevin González, as técnicas de servizos sociais e os departamentos de dirección e orientación do IES AS Barxas e IES Paralaia.

A valoración da condición de familia vulnerable será responsabilidade do persoal técnico do Departamento de Benestar Social Municipal, e a ideonidade das crianzas para participar no programa será valorada en conxunto cos Departamentos de Orientación dos centros educativos, para un mellor aproveitamento do programa.

Os obxectivos deste programa son motivar ao alumnado participante cara o estudo, minimizar as diferenzas e dificultades derivadas da situación de vulnerabilidade na que se atopan por diversos motivos, que as familias coas que traballan dean maior importancia á educación de cara a mellorar as posibilidades dun futuro profesional e ter un mellor seguimento das crianzas destas familias durante esta etapa educativa. Ademáis de previr o abandono escolar prematuro por desmotivación e o absentismo escolar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *