Exterior da residencia de Aldán.

Na Área de Vigo iníciase mañá, mércores día 22, o proceso de inoculación da terceira dose da vacina da Covid-19 aos usuarios das residencias e centros da terceira idade. Entre as oito encontrase a de Domisvi Cangas, ubicada na parroquia de Aldán onde tod@s os seus usuari@s recibirán novamente a vacina.

Tamén o farán nos centros Santa Teresa de A Cañiza; Nuestra Sra. del Rosario de Valeixe; Covelo; San Pedro de Crecente; Vila do Conde de Gondomar; e o CRAPD Asistida e a de Válidos do Meixoeiro.

O proceso continuará nos próximos días, de xeito que a mediados da vindeira semana todo este colectivo xa conte coa terceira dose .

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí