Cangas quixo dedicar a fin de semana para render homenaxe a Protección Civil como motivo da celebración do seu patrón. Os actos comezaron onte pola mañá cun simulacro co helicóptero Pesca nas proximidades do heliporto das naves de Follea, despois deron paso a un taller de Primeiros Auxilios impartido pola Asociación Galega de Técnicos de Emerxencias Sanitarias (ASGATE).

Xa hoxe, xornada de recoñecemento a todas as persoas que colaboraron activa e desinteresadamente na crise do Covid-19 na Praza da Palma para despois facer entrega dun agradecemento polo seu traballo e colaboración coa agrupación de voluntari@ s de Protección Civil aos membros da Policía Local que cesaron no Servizo nestes anos.

Os actos terminaron con petiscos de confraternización.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *