A concelleira de Promoción Económica, Coral Ríos.

A concellería de Promoción Económica que dirixe a nacionalista Coral Ríos informa de que dende hoxe, cando as bases saen publicadas no BOPPO, os hosteleros de Moaña poden presentar a documentación oportuna para beneficiarse das axudas do programa Reactiva Moaña por un valor total de 100.000 euros.

Será a partires de hoxe cando comece a correr o prazo de 20 días. Dende o Concello recoméndase celeridade na presentación dos papeis para que, canto antes, podan recibir o diñeiro. Non hai unha cantidade fixa para cada un senon que os 100.000 euros repartiranse entre aqueles que cumpran cos requisitos esixidos nestas bases, de ahí que a resolución para o reparto definitivo dependa do conxunto dos afectados e non poda entregarse o diñeiro por orden de solicitude.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *