O capataz da área de Obras e Servizos do Concello de Moaña faleceu á primeira hora desta mañá cando ía no vehículo de traballo e regresaba de Meira a Moaña. Segundo informan fontes municipais, Suso Boubeta, de 57 anos, conducía o coche municipal cando debeu de atoparse mal e á altura dos colexios de Reibón e Seara, na Xunqueira, apartouse da estrada e aparcou o coche. Foi alí onde outro empregado que viña co camión municipal achegouse ao vehículo e atopouno desvanecido. Nese momento, chamou a emerxencias e tras máis de 50 minutos tentando a súa reanimación non puideron facer nada por salvarlle a vida. Hai apenas uns minutos que a forense ordenou o levantamento do cadáver.

Ata o lugar achegouse a Policía Local, Garda Civil e Emerxencias do 061, ademais dunha médico do centro de saúde de Moaña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *