Estado actual do paseo de Rodeira de Cangas.

O goberno local iniciou de forma inmediata e urxente a licitación da rehabilitación integral do Paseo de Rodeira por valor de 285.311 euros tras recibir a autorización por parte de Costas

O Concello de Cangas recibiu por fin a notificación de Costas do Estado autorizando o levantamento do paseo de Rodeira o que permite que de xeito inmediato o goberno local inicie o expediente de licitación duns traballos que executará con fondos propios.

A autorización remitida por Costas pon fin a dous anos de xestións do actual goberno local coa administración titular do Paseo que nun primeiro momento tratou de que asumira a financiación dos traballos necesarios no Paseo de Rodeira e que logo tornaron en conseguir a autorización imprescindible.

Victoria Portas, alcaldesa de Cangas, sitúa en algo máis dun ano o tempo necesario para recabar os permisos administrativos do POL, Medio Ambiente, Costas da Xunta e Costas do Estado necesario para levantar o Paseo e acometer uns traballos de reparación integral de todo o trazado, incluindo os accesos á praia.

A actuación prevista ascende a 285.311 euros que o goberno local financiará con fondos do propio Concello gracias a un compromiso transversal de todas as áreas xa que a alcaldesa de Cangas recorda que os orzamentos presentados polo goberno local para este exercicio 2023 incluía unha partida específica para esta actuación pero foi rexeitado cos votos en contra do PP e do PSOE.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *