Santos e Portas, no Concello de Moaña nunha reunión para reclamar á ambulancia de reforzo.

Comezaron esta mañá e xa máis de 400 persoas asinaron a petición

O Concello de Cangas abre unha nova vía para reclamar a ambulancia de reforzo para a comarca e abriu unha petición na canle Change.org. Á iniciativa, que partiu do consistorio cangués, sumouse inmediatamente o Concello de Moaña debido a que este vehículo de emerxencias é unha demanda conxunta que están a levar de primeira man ambas alcaldesas, Victoria Portas e Leticia Santos. Nesta mañá xa recolleron más de 400. Portas e Santos reuniranse o próximo venres co Conselleiro de Sanidade para, unha vez máis, instarlle a sumar esta terceira ambulancia ás dous actuais, unha con base en Cangas e outra en Moaña.

Pero a rexedora moañesa ten outros puntos vermellos que defenderá ante o responsable autonómico Julio García Comesaña. Ademais da ambulancia, tal e como se aprobou por unanimidade no pasado pleno ordinario, esixiralle a devolución das urxencias ao PAC de Moaña para aliviar a saturación do de Cangas e, en consecuencia, evitar que os veciños teñan que desprazarse á localidade veciña para ser atendidos por un persoal e unhas instalacións ao límite. Tamén pedirá ao titular de Sanidade o reforzo do persoal de médicos do centro de saúde de Moaña despois de que o concurso de traslados provocase que 2.800 persoas que tiñan médico de tarde quedáronse sen atención sanitaria.

Ademais da recollida de firmas virtual, a Mesa da Sanidade de Moaña tamén poñerá en marcha unha recollida de firmas física, similar á que finalizou hai unhas semanas e cuxas rúbricas se entregaron no Parlamento de Galicia a semana pasada, pero neste caso máis completa onde se recollan todas estas demandas incluídas na moción (ambulancia, cobertura de vacantes e devolución das urxencias ao PAC de Moaña).

O próximo 13 de febreiro as plataformas en defensa da sanidade de Cangas e de Moaña (A Voz da Sanidade e a Plataforma pola Defensa da Sanidade) teñen convocada unha manifestación reclamando unha mellora da Atención Primaria de ambos os municipios.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *