Representantes dos grupos participantes e a concelleira de Cultura na presentación do Festival.

A décima edición do Festival de Música e Danza Tradicional ‘Aturuxo ao Son da Ría’ chega este ano entre o 15 e o 23 de xullo cheos de novidades. As principais son que será un evento en movemento, onde as as agrupacións e bandas participantes realizarán actuacións nas principais prazas do centro urbano e desprazaranse a elas tamén ao son da música galega. É, explicaron os seus organizadores, unha forma de axudar a «dinamizar o pobo» e evitar que se solapen as diferentes actividades culturais programadas nestas datas.

Este pasacalles terá lugar os días 15 e 23 de xullo e estará a cargo dos máis pequenos. Un Festival Infantil diferente que reunirá ao redor de 40 nenos e que substituirá ao tradicional escenario que viña utilizando ata o de agora.

A outra sorpresa é que o son da ría tamén se deixará escoitar no rural. O 21 de xullo estará na igrexa de O Hío e o 22 na alameda de Aldán. Na primeira cita actuarán A.C. Peis D´Hos e G.D. Pais de San Roque. Na segunda, A.C. Lembranzas da Ría e G.D. Ximaldeveira.

Todas as actuacións serán a partir das 21:00 horas e en caso de choiva suspenderase e buscarase outra nova data para poder celebralo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *