Victoria Portas no pleno na bancada do goberno.

Tras o pleno de onte onde o goberno local cangués, composto por BNG, PSdeG e EU, quedou sen salarios polo voto en contra de PP e Alternativa dos Veciños (AV). Este último enviou un comunicado aos medios de comunicación explicando os motivos do seu rexeitamento. «Os feitos demostran que o tripartito tiña previsto excluír a AV do Goberno, nestas semanas quedou máis que evidente que existía un acordo ao marxe da mesa de negociación, e agora nos queren chantaxear con falsos compromisos éticos para xustificar a súa proposta desorbítante de incremento salarial; cando curiosamente, viñan afirmando que non existían recursos económicos nos orzamento municipal e criminalizando a AV, e o que se destapa é que o que querían era incrementarse os salarios e subir as asignacións económicas nos órganos municipais onde eles teñen representación», argumentan desde AV.

Para el partido que lidera Victoria Portas «resulta totalmente inaudito que un goberno en coalición , que a súa alcaldesa se lle enchía a boca de dialogo e consenso capitanee unha operación para silenciarnos e negarnos os dereitos máis esencias de representación que nos deron as urnas, non permitíndonos a participación en ningunha comisión a excepción do Pleno».

Aseguran que «defenderemos o noso posicionamento de realizar un traballo recoñecido e eficiente, e por él con salarios dignos, pero a proposta presentada parécenos un insulto a veciñanza e a AV por dicir que manteñen os salarios do mandato anterior, cando o que se fai é incrementarse nun 38% o gasto».

2019: No anterior Goberno acordouse para alcaldía 44.918,58 euros, as liberacións completas
28.473,20 euros e as medias liberacións 14.236,60 euros ; 44.918,58 + (28.473,20×2) + (14.236,60x 2) = 130.338,18 euros

2023 : Mentres que na actualidade, describen dende AV, presentan un documento onde se defende que a alcaldía percibirá 49.043,54 euros, as liberacións por importe de 37.472,54 euros e a media por 18.736,27 euros; 49.043,54 + ( 37.472,54 x3) + 18.736,27 = 180.197,43€

Alternativa dos Veciños, reitera que «apoiaremos todo o que sexa positivo para Cangas pero non vai regalar o seu voto a un Goberno que nos deixa fora de todo tipo de representación e participación usurpando os nosos dereitos máis fundamentais».

Finalmente, manifiestan, «sabemos que ser a voz da esquerda será duro e nos traerá problemas pero non renunciaremos a defender o noso programa e os nosos principios».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *