Os fortes refachos de vento das últimas horas provocaron o desprendemento case total da pérgola do bar do Club Náutico de Cangas. Segundo Protección Civil, quedou colgada da fachada cara á estrada, supoñendo un perigo para peóns e vehículos que pasasen polo lugar. Por este motivo, procederon a retirala para evitar danos maiores.
Ademais, nas últimas horas, caeu unha árbore no Bosque Encantado de Aldán e varios exemplares da alameda vella quedaron acordoados por seguridade.