O goberno local presentou o Varadero Fest na praza do Concello.

A terceira edición do Varadero Fest é a sua consagración como festival de música de vangarda no verán galego. Nesta ocasión o Parque de San Bartolomeu, de Moaña, acollerá dous días de festival, o venres 8 e o sábado 9 de xullo. Mantense o esmero na diferenciación da proposta musical, e aumenta o nivel dos artistas; ó tempo que se tenden pontes e derruban fronteiras disciplinares propiciando un lugar, e tempo, de converxencia.

O venres 8, abren o festival as agrupacións da Escola de Música de Moaña cunha interpretación instrumental innovadora. A continuación estrea o escenario o dj moañés Sebastian Black (Chalana Club), cunha sesión que servirá de transición entre a composición orquestal e o concerto posterior, que será DL BLANDO, artista de referencia na escena urbana e o trap galego. O peche será o dj set de MWËSLEE, dj e productor de vangarda e traxectoria internacional (Arkestra). O sábado 9, comezarase cunha exhibición de BOOMBOX, escola de danza de Cangas.

Despois actuará ANDRAE DURDEN, artista galega afincada en Valencia. Un dos momentos máis esperados será o show de SKYDRVG, proposta icónica e referente da escena trap española. Continuarase cun dj set de Von Di, dj, productora e promotora de Lisboa; e pechará o festival Drea, unha das djs do momento a nivel estatal, residente en Fuego Razzmatazz (Barcelona) e Antidoto Club (Madrid).

O entorno privilexiado e a proposta artística irrepetible da terceira edición do Varadero Fest, fan que Moaña sexa unha das paradas obrigatorias de este verán.

A VARADA

No mesmo entorno que segue abrumando a quenes se achegan por primeira vez, a Ensenada de Meira posibilita ese lugar de encontro, a varada necesaria, o momento de pausa, de sentir e coidarse. Unha terceira edición, por fin sen ataduras, na que o Varadero Fest vai seguir coidando de nós, coma sempre, por dentro e por fora.

A importancia de sacar as embarcacións do seu elemento é poder revisalas e cuidalas. Cando o mar se retira, espidas, pousadas sobre a area, teñen algo hipnótico, unha lóxica delicada.

Non importan os remendos dos cascos, os descunchados multicores da pintura, as mans de patente, os tamaños, os oficios ou as artes de pesca; todas son fermosas, diferentes e teñen cabida.

É momento de solearse e celebrar. Brincar, bailar e compartir anécdotas dos mares do mundo que son un. Brindar alto e forte, tamén por aqueles cos que compartimos algunhas etapas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *