Un axente co ourizo nas mans.

Tamén localizan a un condutor que realizaba manobras temerarias e que deu 1,25 de alcoholemia

Axentes da Policía Local de Moaña salvaron esta noite dunha morte segura a un ourizo que se atopaba nun carril de circulación da rúa das Barxas. Varios condutores chamaron á xefatura para alertar da presenza do animal. Posteriormente soltárono na zona do Touzal.

Tamén na madrugada do domingo localizouse a un condutor na PO-313, á altura da zona da Fraga en dirección Marín, que estaba relacionado manobras temerarias como bandazos e invasión do carril contrario. Procederon a paralo e no test de alcoholemia dou un resultado de 1,25.

Ao tratarse dunha viaria competencia da Garda Civil de Tráfico, se solicitou a presenza dunha dotación da Benemérita. O condutor era de nacionalidade romanesa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *