Moaña reinventase nas mobilizacións para pedir a volta das urxencias ao municipio e ás concentracións dos domingos (xa van 29 consecutivos) suman agora unha nova convocatoria. Este venres ás 21:00 horas animan a todos os moañeses a participar nunha concentración diante da Casa do Mar, na rúa Concepción Arenal. O obxectivo é visibilizar o peche do PAC de Moaña e, por tanto, a inexistencia do servizo de urxencias no municipio desde que o Sergas trasladouno a Cangas durante a pandemia. Ademais piden a cobertura das prazas vacantes e unha ambulancia de reforzo na comarca.