Policía Local y Emerxencias atendiendo al motorista.

Explican a non cobertura das baixas médicas, algunha de longa duración, na parálise e nula xestión do BNG e os seus socios

O Partido Popular de Cangas denuncia unha situación de desatención e precarización nos servizos públicos esenciais do noso concello. Os populares acusan directamente ao goberno tripartito (BNG, PSOE e EU) dunha «nefasta falta de xestión» que está a deixar baixo mínimos áreas estratéxicas para a seguridade e o benestar da veciñanza, ao negarse a cubrir as baixas laborais do persoal municipal. A situación máis alarmante atópase nestes momentos no servizo municipal de Emerxencias, que arrastra dúas baixas laborais sen cubrir.

Desde o PP cualifican esta parálise de «irresponsabilidade maiúscula», “agravada de xeito crítico pola época do ano na que nos atopamos cando as incidencias se multiplican” explican. En pleno verán, Cangas multiplica a súa poboación pola chegada de visitantes, o que dispara de xeito exponencial o número de avisos, accidentes e urxencias que o servizo debe atender a diario. “Deixar ás emerxencias locais baixo mínimos en plena campaña estival é xogar coa seguridade de todos” insisten. A desidia do tripartito afecta tamén de cheo ao departamento de Benestar Social, onde a baixa da persoa que ocupa o posto de traballadora social segue sen ser relevada.

Para o Partido Popular, este bloqueo administrativo supón unha total falta de sensibilidade, xa que mantén completamente paralizados expedientes relativos a persoas pertencentes a colectivos vulnerables. “É inaceptable que un goberno que se autoproclama ‘social’ e de esquerdas dea as costas á veciñanza que peor o están a pasar” critican. “O máis rechamante desta parálise é que se produce mentres a alcaldesa e a súa concelleira de Facenda presumen nos medios de comunicación de boa xestión económica, de récords na recadación, remanentes de tesourería millonarios e de xestionar un orzamento, prorrogado desde o 2024, de 19,5 millóns de euros.” Ironizan.

O PP conclúe que non se trata dun problema de falta de recursos económicos nas arcas municipais, senón dunha incapacidade de xestión nunca antes vista en Cangas. “Ter os caixóns cheos de cartos mentres se precarizan as emerxencias e se abandonan os servizos sociais demostra que este tripartito está totalmente esgotado, asfixiado pola súa propia desidia e centrado na Avda. Méndez Núñez, 18, 36940 Cangas WhatsApp 986302837 |Fax 986302837 www.popularesdecangas.com propaganda en lugar de resolver os problemas reais das cinco parroquias.” rematan.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *