Presentación esta mañá do proxecto do tanatorio de Vilaboa.

O alcalde, César Poza, felicitou á Comunidade de Montes na presentación do proxecto porque “o seu tesón e constancia dan resposta a unha vella reivindicación veciñal”

Xunto ao cemiterio de Vilaboa, nos terreos nos que en breve comezarán os traballos do futuro tanatorio. Ese foi o lugar elexido polo alcalde, César Poza; o presidente dos comuneiros de Vilaboa, José Luis López; e o xerente da funeraria San Marcos, Juan Perdiz para presentar o proxecto dunhas instalacións polas
que os veciños levan loitando máis de 25 anos.

A data de inicio depende da crise que afecta ao subministro de materiais pero antes de que remate o 2022 Vilaboa terá un tanatorio moderno, innovador, funcional, cunha estética actual e moi amplo. Así o explicou Juan Perdiz que cifrou o investimento a realizar cerca dos 630.000 euros, entre a estrutura do inmoble e o acondicionamento da parcela de aparcamento.

O futuro tanatorio contará con tres salas de velación, un amplo espazo común, cafetería, baños interiores e exteriores e diversas salas para ofrecer os servizos necesarios ás familias no momento do falecemento.

O presidente dos comuneiros amosou a súa satisfacción por ter desbloqueado unha situación enquistada desde hai máis de 25 anos, data na que a Comunidade mercou tres fincas para permutar nunha operación que non recibiu o respaldo autonómico.

“Agora conseguimos salvar ese escollo e engadir outras tres fincas para reunir unha superficie que supera os 4.000 metros cadrados”. A comunidade de montes, promotora deste ambicioso proxecto, asinou unha concesión a 30 anos coa empresa San Marcos, que será a encargada de executar os traballos para que os veciños e veciñas de Vilaboa poidan dispor dunhas instalacións que rondarán os 400 metros cadrados construidos a partir do vindeiro ano.

César Poza pola súa parte felicitou aos comuneiros pola súa xestión, nun acto que simbolizou a colocación da primeira pedra dunha obra que rematará cos desplazamentos obrigados que realiza a veciñanza de Vilaboa para velar aos seus defuntos. “Hoxe arranca para nós un proxecto moi importante para nós e que da
resposta a unha vella reivindicación veciñal. Este tanatorio é a proba de que a

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *