Presentación da festa na Alameda de Marín.

A concelleira de Festas, Marián Sanmartín, presentou xunto con representates dos Saljariteiros a festa do San Caralampio 2023, que se celebrará este domingo ao longo de todo o día.

San Caralampio, patrón dos chiquiteros, ten o seu culto nun día no que se lle saca en procesión de taberna en taberna. A súa imaxe, que antes tiña o seu particular templo na xa pechada Navarra, agora está depositada no Ateneo Santa Cecilia.

Será a partir das 12.00 horas cando se faga esta “procesión tabernaria” e despois a partir das 13.00 horas servirase de balde un viño galego na Alameda Rosalía de Castro.

Xa pola tarde, sobre as 20.00 horas, arrancará unha sesión de baile na Alameda pensada para os maiores.

Desde Os Saljariteiros recordan tamén que hai unha exposición sobre a súa traxectoria e a do Xarángallo Mángallo desde o 28 de agosto ata o 7 de setembro no local do Ateneo Santa Cecilia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *