Estará na Alameda do 2 ao 5 de setembro, servindo petiscos a base de productos de mar, de 12.00 a 15.00 e de 18.00 a 21.00 horas
A gastronomía de Marín está marcada polo mar. É unha das características que definen a nosa vila pero tamén a toda Galicia. Por iso desde a Xunta de Galicia lanzouse en 2021 a campaña Galicia Sabe Amar, que recalará na nosa vila do 2 ao 5 de setembro.
Instalarase unha foodtruck na Alameda, na que se poderán degustar varios petiscos realizados con productos certificados da nosa autonomía, co obxectivo de poñer en valor o producto de mar en xeral, mostrando que pode chegar a ser enormemente versátil na cociña, así como moi saudable, á vez que se pon tamén en valor o traballos dos profesionais da pesca e do marisqueo.
A foodtruck estará aberta de 12.00 a 15.00 e de 18.00 a 21.00 horas.