A Banda de Música nun concerto.

A Escola Municipal de Música abrirá a partir do 4 de setembro o proceso de matrícula para o curso 2023-2024. Poderá facerse en horario de tarde desde ese día e ata o 15 de setembro, de 17.30 a 20.00 horas, no propio local da Escola. Tamén haberá unha opción en horario de mañá, do 18 ao 28 de setembro, de 10.00 a 12.30 horas. Estas son as disciplinas que se ofertan:

— Música e movemento: de catro a seis anos
— Iniciación á música, sen límite de idade
— Informática musical
— Linguaxe musical
— Educación auditiva e voca.
— Violín, viola
— Piano
— Preparación de acceso a conservatorio
— Estudos de grao elemental e profesional

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *