Reunión sobre o Samaín Briz no Concello.

O espírito da festa manterase a través de elementos decorativos que se colocarán no Palco da Música da Alameda e na Casa Principal de Briz

A festa do Samaín, que tingue a nosa Finca de Briz de terror, diversión e de
disfraces, gardará toda a súa maxia para a edición do ano que vén. As concelleiras
Marián Sanmartín, Itziar Álvarez e Elisa Dopazo reuníronse esta semana con
representantes da Fundación Juan XXIII e a Comparsa Os da Caña, colaboradoras
na organización da festa, para falar da situación actual e das posibilidades.

“A nosa festa de Samaín en Briz é moi difícil de adaptar ás medidas sanitarias que
aínda temos que respectar e por iso cremos que é mellor ser cautos e
prepararnos para volver con toda a forza o ano que vén, no que esperamos que a
situación sexa moi diferente”, explicou Sanmartín.

No 2019, a última edición do Samaín que se puido celebrar, chegou a congregar a
cerca de 3.000 persoas, que gozaron non só de toda a espectacular
caracterización e decoración da Finca, senón tamén dos “roteiros do medo” que
se organizaron durante toda a tarde-noite, adaptados a distintas idades. Aínda así, para poder manter viva a chama do Samaín, si que se colocarán elementos decorativos a cargo da Fundación e da Comparsa, tanto no Palco da Música da Alameda como na casa principal da Finca de Briz.

Fotos, sempre!

O Concello anima á veciñanza a que vaia visitar a decoración e que se faga
fotografías, tanto se están disfrazados ou non, cos elementos decorativos e
convidan a que etiqueten ao Concello de Marín se suben ás redes as súas imaxes
(@concellodemarin) e utilicen o hashtag #SamainMarin para que fotos poidan ser
compartidas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *