Un control da Policía Local e a Garda Civil en Marín.

A Policía Local de Marín fixo pública a súa «preocupación» e «decepción» polo alto consumo de alcol e drogas detectado esta fin de semana entre l@s condutor@s aos que fixeron as probas nun control conxunto coa Policía Nacional. «É realmente preocupante as altísimas taxas lanzadas por 6 dos condutores», manifestan nas súas redes sociais.

Informan de que antes das 22:00 horas do sábado xa denunciaran administrativamente a catro persoas por alcoholemia, cumprimentando un atestado xudicial por conducir tras perder todos os puntos e habérselles incautado dous envoltorios de cocaína e unha bolsa de marihuana. Máis tarde realizaron outras catro denuncias máis tamén por consumo de alcol, outra por conducir tras inxerir drogas e dous atestados xudiciais máis por alcoholemia con taxas de entre 0,80 e 0,82 mmg/ l.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *