Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes
César Poza, alcalde de Vilaboa; Pilar Rodríguez de Dios, presidenta do “Salinas Club de Lectura”; Conchita Pérez Nuñez, directora del CRA de Vilaboa e a escritora Lola Fernández Pazos, autora de “El Pazo de Lourizán” e madriña do Club, inauguraron hai uns días a primeira sesión literaria do novo Club coa participación activa de máis dunha veintena de lectores.
O Club, que acollerá desde agora a autores e autoras galegas, en castelán e en galego, conta actualmente con 22 membros e unha axenda pechada de escritores galegos ata o vindeiro mes de decembro.
O próximo encontro terá lugar o día 21 de maio ás 20 horas na BiblioCRA de Vilaboa para analizar a obra “O mar que nos leva” da escritora Moncha Fuentes. As sesións celebraranse unha vez ao mes tras ler o libro proposto.
Os estatutos do Salinas Club de Lectura recollen entre os seus obxectivos fomentar a lectura e escritura entre a poboación de Vilaboa e na sociedade galega en xeral, tanto no ámbito rural como no urbano; compartir afición pola lectura tanto de autores galegos como non galegos, en lingua galega e castelán e crear un circuito de autores e firmas que permitan presentalos e coñecelos en persoa, e á vez promocionar a súa obra.
César Poza, integrante do Club e asiduo lector, aposta firmemente pola consolidación desta iniciativa e convida á veciñanza de Vilaboa a participar nas xornadas de análise compartido sobre unha obra concreta. “A experiencia é moi positiva. A veces dar o primeiro paso costa un pouco pero resulta moi gratificante reunir aquí a un grupo de persoas unidas polo seu gusto pola lectura. O feito de que a autora do libro a analizar esté presente, con nós, crea unha atmósfera de cercanía que nos axuda moito a entender mellor cada páxina. Sen dúbida a primeira xornada superou con creces as nosas expectativas e iremos traballando para crear en Vilaboa un foro de reflexión e de ideas
nun marco tan representativo da nosa localidade como son as Salinas de Vilaboa”.
Contacto ‘Salinas Club Lectura’
Pilar Rodríguez de Dios o Conchita Pérez Núñez CRA Plurilingüe Vilaboa
- Instagram: @sali.nasclublectura
- Mail: salinasclublectura@gmail.com
- Teléfono/Whatsapp CRA Vilaboa: 618554594